Cou-cou, cést moi!
Como vos organizachedes para levar a cabo este proxecto? Coordinadora/coordinadora Nuria Asistente/asistenta Sandra Secretaria/secretario Silvia Responsable dos recursos Jorge Para este proxecto primeiro definimos os nosos roles. A continuación puxemos nun Drive a tarefa que tiñamos que desenvolver, para que todos tiveramos claro o que había que facer e como. Para realizar as presentacións cada un tentou facer a súa presentación nunha folla seguindo as premisas que se nos indicaban. Unha vez que todos tiñamos a nosa presentación quedamos xuntos e revisamos o que cada quen puxera e nos axudamos nos erros ou dúbidas que xurdiron, xa que no noso grupo hai persoas con diferentes niveis de Francés e entre todos nos axudamos para que as nosas presentacións estiveran o mellor posible. Logo disto fixemos un Prezi colaborativo online, e cada quen fixo alí a súa presentación. Cando...