Cou-cou, cést moi!
Como vos organizachedes para levar a cabo este proxecto?
Coordinadora/coordinadora
|
Nuria
|
Asistente/asistenta
|
Sandra
|
Secretaria/secretario
|
Silvia
|
Responsable dos recursos
|
Jorge
|
Para este proxecto primeiro definimos os nosos roles. A continuación puxemos
nun Drive a tarefa que tiñamos que desenvolver, para que todos tiveramos claro
o que había que facer e como.
Para realizar as presentacións cada un tentou facer a súa presentación nunha
folla seguindo as premisas que se nos indicaban. Unha vez que todos tiñamos
a nosa presentación quedamos xuntos e revisamos o que cada quen puxera e
nos axudamos nos erros ou dúbidas que xurdiron, xa que no noso grupo hai
persoas con diferentes niveis de Francés e entre todos nos axudamos para que
as nosas presentacións estiveran o mellor posible. Logo disto fixemos un Prezi
colaborativo online, e cada quen fixo alí a súa presentación. Cando se
finalizaban, revisabamos as presentacións dos compañeiros e correxiamos o
que non estaba ben.
A continuación a persoa encargada recordounos que tiñamos que respostar
estas preguntas as cales fixemos en conxunto.
Para rematar repartimos as presentacións do compañeiro e compañeiras. Logo
disto cada quen as pasou a terceira persoa, para revisalas conxuntamente, co
fin de corrixir posibles erros. Seguidamente practicamos tanto en solitario coma
en grupo a pronuncia das diferentes frases e palabras, facendo fincapé nas que
mais nos custaban.
Tivechedes algunha dificultade? ¿Cales?
Na realización do proxecto non nos atopamos con moitas dificultades, o único
que xurdiron foron algunhas dúbidas con respecto ó vocabulario, a formación
de certas frases ou expresións, ou a acentuación de algunha palabra. Pero coa
axuda dos compañeiros e compañeiras resolvimos estes pequenos contratempos.
Qué aprendichedes deste proxecto?
Neste proxecto aprendemos a presentarnos, e a dar algunha información sobre
nos e sobre as persoas coas que convivimos (como o lugar de residencia, a
profesión, o gustos…).
Tamén puidemos observar como sen ter moitos coñecementos previos de Francés,
conseguimos presentarnos e dar información que non pensabamos que souberamos
facer. Por outra banda constatamos a importancia do traballo colaborativo e a
interacción na aprendizaxe dunha nova lingua, xa que nos axudamos na redacción,
no vocabulario e na pronuncia do Francés que doutro xeito sería mais complexo de
conseguir. Pensamos que os grupos deben conter compañeiros ou compañeiras de
diferentes niveis porque é mais doado aprender uns dos outros.
Gracias a realización deste proxecto tamén aprendimos a utilizar o Prezi, unha
aplicación que nos parece moi interesante e orixinal para a realización de
presentacións, alonxándonos dos típicos Power Point.
Cal é a vosa opinión xeral sobre o proxecto?
Pareceunos moi interesante a forma de traballar colaborativamente, e a forma de
presentar este proxecto, xa que nos parece un xeito lúdico e moi visual, no que
adquirimos coñecementos case sen darnos conta. Tamén observamos que é moi
importante traballar en grupo para aprender esta nova lingua, xa que entre todos
logramos axudarnos, para que os que non teñen tantos coñecementos da lingua
francesa, logren os obxectivos marcados na materia, que de outro modo sería
moito mais difícil de acadar. Así sentímonos todos e todas mais competentes e
pensamos que aínda que levamos pouco tempo dando clase, xa sabemos expresar
en Francés certos conceptos básicos.
Comentarios
Publicar un comentario